Declaración de accesibilidade
A Comisión Nacional do Mercado de Valores comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web, de conformidade co Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público (en adiante, Real decreto 1112/2018).
A presente declaración de accesibilidade aplícase a o sitio web:
Situación de cumprimiento
Este sitio web é parcialmente conforme con Real decreto 1112/2018 debido ás excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.
Contenido non accesible
O contido que se recolle a continuación non é accesible segundo os requisitos da norma UNE-EN 301549:2022 polos seguintes motivos:
-
Falta de conformidade co Real Decreto 1112/2018:
- Nalgunhas páxinas detectouse contido non textual que non dispón dunha adecuada alternativa textual [requisito número 9.1.1.1 da norma Contido non textual].
- Nalgúns formularios certos campos de entrada non ten identificado o seu propósito de forma programática [requisito número 9.1.3.5 da norma Identificación do propósito da entrada].
- Nalgunhas páxinas o contraste de cor de determinados textos non alcanza o nivel mínimo esixido [requisito número 9.1.4.3 da norma Contraste (mínimo)].
- Nalgunhas páxinas o contido non se reaxusta correctamente ao modificar o ancho de visualización [requisito número 9.1.4.10 da norma Reaxuste do texto].
- Nalgunhas páxinas existen límites de tempo que non se poden axustar, ampliar ou desactivar [requisito número 9.2.2.1 da norma Tempo axustable].
- Existen ligazóns cuxo propósito non queda suficientemente claro a partir do texto visible ou do seu contexto [requisito 9.2.4.4 da norma Propósito das ligazóns (en contexto)].
- En determinados controis interactivos, o nome accesible non contén ou non coincide coa etiqueta visible [requisito número 9.2.5.3 da norma Inclusión da etiqueta no nome].
- Existen contidos ou fragmentos nun idioma distinto do principal da páxina cuxo cambio de idioma non está identificado de forma programática [requisito número 9.3.1.2 da norma Idioma das partes].
- Nalgunhas páxinas prodúcense cambios de contexto ao recibir o foco en determinados elementos [requisito número 9.3.2.1 da norma Ao recibir o foco].
- Nalgúns formularios ou controis prodúcense cambios de contexto ao modificar datos ou seleccionar valores [requisito número 9.3.2.2 da norma Ao recibir entradas].
- Detectáronse erros de entrada que non están correctamente identificados [requisito número 9.3.3.1 da norma Identificación de erros].
- Nalgúns formularios faltan etiquetas ou instrucións para cubrir correctamente os campos [requisito número 9.3.3.2 da norma Etiquetas ou instrucións].
- Nalgúns formularios non se mostran suxestións adecuadas para a corrección de erros de entrada [requisito número 9.3.3.3 da norma Suxestións ante erros].
- Detectáronse compoñentes interactivos cuxo nome, función ou valor non están correctamente definidos de forma programática [requisito número 9.4.1.2 da norma Nome, función, valor].
- Nalgunhas páxinas as mensaxes de estado non están correctamente definidas de forma programática [requisito número 9.4.1.3 da norma Mensaxes de estado].
- Detectáronse páxinas que non cumpren plenamente os requisitos de conformidade aplicables das pautas WCAG [requisito número 9.6 da norma Requisitos de conformidade das pautas WCAG].
- Parte da documentación do servizo pode non estar en formato accesible [requisito número 12.1.2 da norma Documentación accesible].
-
Carga desproporcionada
- Non aplica.
-
Contido que non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable
- Poderían existir ficheiros ofimáticos en PDF ou outros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpren na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade.
Preparación da presente declaración de accesibilidae
A presente declaración foi preparada o 30 de setembro de 2022.
El O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación con recursos externos realizada por CTIC Centro Tecnológico.
Última revisión da declaración: 13 de abril de 2026.
Observacións e datos de contacto
As comunicacións, solicitudes, queixas e reclamacións refírense á accesibilidade da sede electrónica da CNMV.
Se o que desexa é formular unha reclamación ou unha consulta a unha entidade financeira supervisada pola CNMV, acceda á sección de "Inversores e Educación Financeira" no portal web da CNMV ou a través do trámite da Sede Electrónica "reclamacións, queixas e consultas de inversores".
Comunicacións
Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do Real decreto 1112/2018) como, por exemplo:
- Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web.
- Transmitir outras dificultades de acceso ao contido.
- Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web.
As devanditas comunicacións poden realizarse a través de dúas vías:
- A través do seguinte formulario electrónico.
- Mediante contacto telefónico coa Unidade Responsable de Accesibilidade no teléfono 915851504.
Solicitudes de información accesible e queixas
Tamén pode solicitar que se lle proporcionen nun formato accesible os contidos publicados na sede electrónica da CNMV que estean excluídos da obriga de ser accesibles e formular queixas relativas ao cumprimento dos requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.b do Real Decreto 1112/2018) da seguinte maneira:
- Envío electrónico, a través de Registro Electrónico de la CNMV (Sede Electrónica) donde deberá acceder a la sección "zona abierta" e identificarse mediante los sistemas de autenticación admitidos. Posteriormente seleccionará el trámite Accesibilidad: Solicitudes de información accesible, quejas y reclamaciónes sobre accesibilidad.
-
Presencialmente no rexistro da CNMV ou por correo postal cun escrito dirixido ao seguinte enderezo:
Unidad Responsable de Accesibilidad
Departamento de Estratexia, Innovación e Finanzas Sostibles
C/ Edison, 4, 28006 Madrid | C/ Bolivia 56, (4ª Planta) 08018 Barcelona.
Facilítase o seguinte Formulario de solicitudes e queixas que pode utilizar para formular a súa solicitude ou queixa.
Na Solicitude de información accesible, débense concretar, con toda claridade, os feitos, razóns e a petición que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.
As comunicacións, solicitudes e queixas sobre accesibilidade deste sitio web serán recibidas e tratadas pola Unidade Responsable de Accesibilidade que pertence ao Departamento de Estratexia, Innovación e Finanzas Sostibles. O prazo para responder á persoa interesada é de vinte días hábiles. Despois de que transcorrese o prazo máximo para resolver, se non se notificou ningunha resposta, entenderase que a solicitude de información accesible non foi aceptada ou que a queixa non se considerou.
Procedemento de aplicación
Se se realizou unha solicitude de información accesible ou unha queixa que se desestimou, se non está de acordo coa decisión tomada ou se a resposta non cumpre os requisitos contemplados no artigo 12.5, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación. Igualmente poderá iniciar unha reclamación no caso de que transcorrese o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta.
A reclamación pode ser presentada do seguinte modo:
- Envío electrónico, a través do Rexistro Electrónico da CNMV (Sede Electrónica) onde deberá acceder á sección "zona aberta" e identificarse mediante os sistemas de autenticación admitidos. Posteriormente seleccionará o trámite Accesibilidade: Solicitudes de información accesible, queixas e reclamacións sobre accesibilidade.
-
Presencialmente no rexistro da CNMV ou por correo postal cun escrito dirixido ao seguinte enderezo:
Unidad Responsable de Accesibilidad
Departamento de Estratexia, Innovación e Finanzas Sostibles
C/ Edison, 4, 28006 Madrid | C/ Bolivia 56, (4ª Planta) 08018 Barcelona.
Facilítase o seguinte Formulario de reclamacións que pode utilizar para formular a súa reclamación.
As reclamacións sobre accesibilidade dixital deste sitio web serán resoltas polo Director Xeral de Política Estratéxica e Asuntos Internacionais. O prazo para responder á persoa interesada é de dous meses. Despois de que transcorrese o prazo máximo para resolver, se non se notificou ningunha resposta, entenderase que a reclamación foi desestimada.
Documentación obrigatoria
A presentación de solicitudes, queixas e reclamacións sobre a accesibilidade de sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles da CNMV inicia un procedemento administrativo. Por este motivo, na solicitude, queixa ou reclamación ten que quedar constancia da identidade da persoa interesada.
Cando a persoa interesada sexa unha persoa física e a solicitude, queixa ou reclamación sobre accesibilidade dixital se presente mediante correo postal ou presencialmente no rexistro da CNMV:
- Se se presenta en nome propio, débese anexar unha copia por ambas as dúas caras do DNI, NIE, pasaporte ou outro documento de identificación válido da persoa interesada.
- Se se presenta a través dun representante, débese anexar unha copia por ambas as dúas caras do DNI, NIE, pasaporte ou outro documento de identificación válido da persoa interesada e do representante, ademais dunha copia do poder ou doutro documento que acredite a representación.
Nas solicitudes, queixas ou reclamacións sobre accesibilidade dixital que se presenten mediante correo postal ou presencialmente no rexistro da CNMV nas que a persoa interesada sexa unha persoa xurídica, débese anexar unha copia por ambas as dúas caras do DNI, NIE, pasaporte ou outro documento válido que identifique o asinante da solicitude e a copia do seu poder de representación ou nomeamento para actuar en nome da persoa xurídica.